FINALIDADE DO COLEXIO 

Segundo o IDEARIO da Entidade Titular  Misioneros del Sagrado Corazón de Jesús, o noso Colexio ten como finalidade favorecer o crecemento e a maduración integral do alumno no marco dunha visión cristiá da vida. Pretende formar homes e mulleres auténticos, capaces de tomar seriamente a responsabilidade da creación dunha sociedade fraterna, audazmente diversa da actual.

Acompañar  aos nosos alumnos/as, facéndolles ser os protagonistas da súa propia aprendizaxe co fin de chegar a ser persoas competentes, responsables e solidarias, conscientes da realidade social que os rodea,  desenvolvendo ao máximo as súas capacidades.

Favorecer unha educación en valores, incidindo nos da liberdade, o diálogo, a tolerancia, o senso crítico, a convivencia, a solidariedade e a defensa da vida e da paz, potenciando o desenvolvemento da dimensión ética e transcendente dos nosos alumnos.

COMUNIDADE EDUCATIVA

Formamos parte da Comunidade Educativa do Sagrado Corazón os alumnos, os profesores, as familias, o persoal de administración e servizos e a Entidade Titular, e todos participamos na misión e na responsabilidade do funcionamento do Colexio.

Na Comunidade Educativa, tradicionalmente chamada Familia do Sagrado, cremos na comuñón de criterios, na confianza e no diálogo. A actitude positiva de todos, a corresponsabilidade  e o sentimento de pertenza a unha gran comunidade, garanten a calidade do proceso de ensinanza-aprendizaxe e dos servizos.

A presenza, a participación  e a implicación  nos momentos sinalados do ano académico queremos que sexan oportunidades de encontro vivo desta realidade de comunidade.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS PARA CURSO 2017-18

  1. ALÉN DAS AULAS. Lema para o presente curso
    1. Fornecer as metodoloxías e as actividades que potencien a aprendizaxe dos alumnos: Estimulación Temperá, Intelixencias múltiples, Traballo Cooperativo, Aprendizaxe e Servizo, Destrezas de Pensamento…
    2.  Fornecer os proxectos postos en marcha no curso anterior: Proxecto Recreo, Proxecto Horta Escolar
  2. Desenvolvemento dun Plan Estratéxico para os vindeiros anos.
    1. Rediseño do Plan de Formación de Centro
    2. Estudo de alianzas e convenios con entidades públicas e privadas
    3. Estudo de implantación de Novos Recursos Tecnolóxicos
  3. Desenvolvemneto dos diferentes Plans que emanan do Proxecto Lingüístico de Centro
    1. Consolidación do Proxecto de Biblioteca Escolar
    2. Estudo e Solicitude de incorporación a centro da rede Plurinfantil e Pluribach
  4. Recreación de espacios de Coordinación Vertical no ámbito pedagóxico.
    1. Relacionados con ámbitos académicos-curriculares
    2. Relacionados cos diferentes proxectos que se veñen desenvolvendo
  5. Consolidar a organización, coordinación e funcionamento das medidas ancamiñadas á mellora da Atención á Diversidade.